Os pequenos establecementos da localidade pretenden incrementar as súas ventas Os organizadores lembran que só son válidas as moedas que estaban en circulación no 2000
10 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.Aínda que pareza mentira, a pesar de que xa levamos dous anos convivindo co euro, aínda son moitas as moedas vellas que andan perdidas polos recunchos máis insospeitados das nosas casas. Nos bares cóntanse as historias máis inverosímiles de cartos antigos que aparecen despois de buscalos durante moito tempo. Así circula o caso dun paisano da comarca que agochaba os aforros de toda unha vida metidos nunha lata, debaixo da caseta do can. O señor, a piques de morrer, confesoulle á familia onde estaban sete millóns das antigas pesetas. Con historias, entre o mito e a realidade, coma estas, son moitos os que se preguntan cantos cartos dos de antes andarán en paradoiro descoñecido. Quizais por eso, este mes a peseta volve a andar de moda polas rúas de Ordes. Dende a semana pasada setenta e dous establecementos do casco urbano admiten que as compras se paguen en euros ou nas moedas antigas. Unha vez que remate a campaña, os comerciantes terán que acudir ó Banco de España para cambiar as moedas que acumulen ata o vindeiro día 29. Alí as pesarán e as trocarán por euros, tal e como fixeron o mes pasado cos cartos recaudados en Ames.