Tempo para a música

| CONCHA PINO |

SANTIAGO

A FILHARMONÍA é coma unha pera en dulce: feitiña, apetitosa e apetecible. Pero atragántaselle a máis dun, non sei se por ser demasiado sabrosa ou porque non saben apreciar a delicada confitura. Superou máis dunha embestida e está no momento ditoso de avanzar. Pero necesita que crean nela como fai Ros Marbà, que sabe do que fala. Cabe felicitarmonos todos porque a crise pasou de largo esta vez. Pero pode haber novos asaltos se dentro dun ano non se moven as cousas e o seu futuro segue enclaustrado, sen ás para voar como a súa música. Claro que, se reparamos, a Filharmonía está présa dun quebracabezas, porque a titularidade é da Xunta, está xerenciada polo Consorcio da Cidade de Santiago e reside no Auditorio de Galicia, que é do Concello. É tanto como dicir que é de todos e vive en Compostela de aluguer, pero con dereito a compra. ¿Pode pensar está cidade en perdela?