Carmen Regueira, modista ordense de vestidos populares
03 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Por fortuna, en Ordes hai algo máis ca grandes firmas con elevadas vendas para o xigante Zara. Tamén sobrevive o xérmolo da tradición nos traxes rexionais que carmen Regueira, modista da parroquia de Leira, confecciona dende hai vintesete anos. Amáis de centos de galegos, decenas de mozos suízos, alemáns e franceses atópanse entre os clientes de Artesanías Carmiña, un dos establecementos máis senlleiros de Ordes. ¿¿Que estado está a atravesar o sector na actualidade? ¿Como case todo, está pasando unha crise, aínda que aquí nótase menos. Non haberá cartos, pero fáise moito para que funcione o sector. Espero que toda a vida se pidan traxes, porque é un costume que nunca se debera abandonar. ¿O futuro pasará pola conservación dos bailes populares... ¿Eso ten moito que ver. A proba está en que dende que se producira o boom en 1982, comezáronse a facer moitos máis traxes, e en tódolas vilas hai, alomenos, un grupo de baile. ¿¿Está todo escrito, ou caben aínda as innovacións no estilo? ¿A xente está a cambiar moitas cousas que non se deberan cambiar. Non entendo, e dame ata rabia, como a xente pode poñerlle ó traxe saias de cores chamativos, coma azul clariño ou naranxa. ¿¿Cantas horas invirte en coser cada traxe? ¿Cando o penso, ¡ocórreseme que debera cobrar máis!. Traballando unhas oito horas por xornada, pode levarme uns tres días. O que pasa que vai moito por tempadas. A forte dáse en verán, cando chegan os fillos de emigrantes suízos, alemáns e franceses, que levan para os seus páises o peso da tradición. ¿Saberemos levar coma ninguén os traxes rexionais... ¿Boto en falta o que fan os maños, no Pilar vístense abolutamente todos. Aquí eso non se ve, somos moito máis vagos...