Só quedou sen vender unha das 37 novillas que se ofertaron no recinto feiral Só quedou sen vender unha das 37 novillas subastadas na mañá de onte en Santa Comba. Na capital do Xallas reuniuse unha nutrida representación de gandeiros de toda a provincia, ascendenso a perto de 5.000 as persoas que pasaron polo recinto. O volume total de vendas foi de 661.100 euros (11 millóns de pesetas), cunha media por animal de 1.800 euros (300.000 pesetas). As dúas mellores novillas subastadas procedían da gandeiría SAT Langueirón, de Ponteceso.
14 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.O recinto do Mercado Comarcal de Gando de Santa Comba quedou máis que pequeno para acoller a masiva afluencia de gandeiros que acudiron a quinta subasta de novillas de raza frisona celebrada durante a mañá de onte. Á cita concurrían un total de trinta e sete novillas frisonas procedentes das mellores explotacións da provincia suxeitas a control leiteiro pola Asociación Provincial de Criadores de Raza Frisona, organizadora da subasta co patrocinio do Concello de Santa Comba. As dúas novillas máis pagadas pertenecían á gandeiría SAT Langueirón, de Ponteceso, cun total de 2.193 euros. A terceira, cunha cotización de 2.013 euros, procedía da explotación de Ramón Otero Ares, de Urdilde (Rois). A cuarta novilla mellor pagada era da gandeiría Noveira, do concello de Mazaricos, con 1.923 euros. O éxito de público e vendas asegura a continuidade dun evento, logo dun ano de paréntesis por mor das restriccións da febre aftosa.