Lambetada cultural

Juan María Capeáns Garrido
JUAN CAPEÁNS SANTIAGO

SANTIAGO

O encontro «Latim em pó» reúne a vindeira semana a intelectuais de todo o mundo coa lingua galega como referente O Concello de Santiago presentou onte un dos últimos actos organizados co gallo da Capitalidade Cultural que encherá as rúas e os locais da cidade de actividades que terán o galego como referente. Artistas e intelectuais de todo o mundo protagonizan o programa «Latim em pó», unha cita que propiciará o encontro en Compostela de persoeiros unidos pola lingua. Unha treboada cultural na que o cine, a música, o teatro, a literatura, os medios de comunicación e os testemuños das comunidades do exterior son protagonistas. O evento vén precedido por unha publicación, «Os pousos de pedra».

05 dic 2000 . Actualizado a las 06:00 h.

O Concello, a Oficina do 2000, a Universidade e Compostela Monumental son os responsables da edición de Os pousos de pedra, unha publicación que se repartirá gratuítamente polas rúas e locais da cidade durante os próximos días e que amosa o esprito das xornadas. A coordinación correspóndelle ó responsable do encontro, o profesor Elías Torres Feijó, que conta coa colaboración de intelectuais e profesionais vencellados á cultura galega e que foron os deseñadores dos diferentes programas presentados onte. Comunicación Así, na área de medios de comunicación o coordenador é o presidente do Colexio de Xornalistas de Galicia, Xosé María Palmeiro, que propón tres xornadas de reflexión e debate na que participarán directores e representantes de xornais, radios e televisións de Galicia, Portugal e Brasil. As novas tecnoloxías e a súa influencia na lingua será un dos temas estrela dos encontros que terán como escenario a Facultade de Ciencias da Comunicación. No que atinxe ás comunidades que utilizan o galego no exterior, Xosé Manuel Sarille presentou un programa que se desenvolverá entre o martes e o xoves en Fonseca.