DENDE A VENTÁ | O |
01 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.CHEGOU agosto e medio país púxose de vacacións, mentres o outro medio, eu entre eles, voltamos ó noso traballo. E á hora de pensar que escribir nesta columna, sendo ademais os primeiros días de agosto, recurro a posta os típicos tópicos do verán. Esas situacións que non por repetirse de ano en ano son menos importantes. Ó mellor a algunha persoa responsable dalle vergoña e corrixe o erro. Para empezar, nestes días de calor abafante os sufridos conductores teñen que aturar colas quilométricas de atascos para entrar a calquera das dúas bandas da ría. Iso si, de tanto esperar a moverse uns metros, da tempo a coñecer ata o último centímetro cadrado da calzada. Din que en Marín a variante vai a servir para evitar isto. Non o creerei ata que o vexa, e disque non a imos poder usar ata o 2005. Imos aviados. E logo, están eses equipamentos de praias tan bos nos folletos, pero tan escasos na realidade. Como botón de mostra están as duchas de Lapamán. Alí están elas, tan visibles, e tamén tan secas, que por dar non deron nin unha pinga durante todo xullo. Un quixera non ter que repetir este tópicos típicos para o 2004. Xa se verá.