Vilaboa, un equilibrio difícilresultados do 2007

Marcos Gago Otero
marcos gago VILABOA / LA VOZ

PONTEVEDRA

O Concello afronta as eleccións co reto de lograr unha maioría estable

08 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

As difíciles relacións entre os cabezas de lista das tres candidaturas de Vilaboa, ademais das diferenzas ideolóxicas propias dos seus partidos, fixeron que este mandato fose moi complicado para a estabilidade do goberno e a conflictividade social fose relevante. O equipo de goberno, dirixido polo socialista José Luis Poceiro por maioría simple, tivo, e nalgúns casos aínda ten, que sortear un verdadeiro campo de minas.

Aos problemas causados pola actitude de Fomento coas peticións veciñais na reforma da N-554, súmase a previsión das subestacións do AVE en Bértola, que tamén teñen rexeitamento veciñal. Solución ao fin se logrou para a auga de Paredes, tras un acordo con Soutomaior. As obras da alta velocidade e as voladuras do túnel causaron máis dun quebradeiro de cabeza aos políticos locais.

Vilaboa, situada a cabalo entre Pontevedra e Vigo, necesita un plan de urbanismo, melloras nos servicios, unha maior promoción turística de xoias naturais como as salinas e unha solución que semella lonxana ao conflicto dos núcleos do litoral.

Dous dos tres candidatos son novos, PP e BNG, pero a súa relación co actual alcalde non é precisamente a mellor. A oposición foi dura neste mandato e as tres listas xóganse o todo polo todo para conseguir a maioría absoluta que lles permitise un goberno cómodo, estable e eficaz.

PSOE

Os socialistas lograron 1.647 votos, o que supuxo o 44,71% dos sufraxios, e o goberno por maioría simple con seis edís.

BNG

O Bloque acadou 1.148 votos, o 31,28% dos votos emitidos e catro concelleiros.

PP

Os populares recibieron 840 votos, suman o 22,89% dos sufraxios e tres edís.

Municipales 2011 ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||