A versión máis transgresora da música chámase Pecados

PONTEVEDRA

02 oct 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

A capital do Lérez presentou onte a súa última aposta pola música. Lonxe de ser unha programación cultural máis, esta vez pretendeuse ir un paso máis aló. Baixo o nome de Pecados, Ciclo de músicas prohibidas, os pontevedreses terán a posibilidade de probar novas sensacións.

Segundo Lola Dopico, a concelleira de Cultura, Pecados será «un dos puntos fortes do outono», e explicou que se trata dunha proposta «atractiva e diferenciada baseada no coñecemento propio, nunha ollada innovadora e nun espazo cultural de vangarda». Para a máxima responsable da cultura lerezana, o obxectivo que se persegue é o de «achar ese oco para a xente que busca unha programación musical radicalmente diferente».

O proxecto Pecados botou onte a andar nas rúas da cidade. Quérese socializar dende o primeiro momento o programa e por iso o Dúo Dithyrambe tomou A Ferrería e A Verdura. Unha parella que resucita o espírito de fai dous siglos e medio e fusiona esa estética con tintes punk, disco e hard rock.

Hoxe volverán a presumir de aparatosas perrucas, longos traxes de época y facianas enmascaradas en blanco. As citas son: ás 12 na Peregrina, ás 19 na Ferrería e ás 21 na Verdura.

Concertos

O último trimestre do ano contará con tres grandes concertos de pago, a desenrolar no Pazo da Cultura de Pontevedra. Serán tres citas tan diferentes como esperadas. O primeiro en asumir o protagonismo será Toumani Diabaté (o vindeiro 12 de outubro). O artista procedente de Mali ven a espallar a vertente musical da África occidental. Parapetado trala súa kora -unha adaptación da arpa con 21 cordas- confía en certificar as boas críticas que o acompañan. Considerado como o mellor embaixador musical do seu país ven a presentar o seu último traballo The Mande Variations. Non chegará en solitario. Para esta nova aventura terá a compaña da Symmetric Orchestra.

A cita estelar de novembro -o día 21- será a da banda británica Stereolab. Os máis de quince anos de experiencia nos escearios serán o seu mellor aval e seu traballo Chemical Chords, é o undécimo da súa carreira e o primeiro nos últimos catro anos.

Para o 9 de decembro resérvase a reaparición da banda The Residents, un clásico da década dos oitenta. Esta última gran cita do programa combina a música en estado puro e as videocreacións levando por título The Bunny Boy. Máis que un disco é unha compilación de cancións, unha identidade e unha serie saída de Internet.

As entradas pódense adquirir na taquilla electrónica de Caixanova (902???504???500 ou en www.caixanova.es). Os prezos son 15 euros, 13 se son anticipadas e 30 co bono para os tres concertos.