Misión cumplida

La Voz

PONTEVEDRA

Praza da Ferrería Unha exposición amosa no Patronato Rías Baixas case un século de investigación agraria en Galicia ou o que é o mesmo, a historia da Misión Biolóxica

30 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

A pesares de que se trata dunha institución que ten máis de oitenta anos de vida e que desde 1926 a súa sé está en Salcedo, a directora da Misión Biolóxica, Rosa Ana Malvar, recoñece que nin moito menos a institución é coñecida para a ampla maioría dos pontevedreses. E iso a pesares de que a súa labor no campo da investigación agraria ao largo do século XX e mesmo neste século XXI está chea de fitos. É máis, non se podería falar deste tema sen pensar na Misión Biolóxica. Pois para acercar un pouquiño máis a ciencia á sociedade, esta entidade e mais a Consellería de Industria organizaron unha exposición eminentemente didáctica na sede do Patronato Rías Baixas. A mostra inaugurouse onte e poderá visitarse ata o 3 de decembro e haberá visitas guiadas para os institutos. A través de paneis e un audiovisual, os visitantes coñecerán a historia do centro, as súas liñas de investigación e as técnicas científicas que se empregaron ao longo da súa historia, desde a simple observación fisiolóxica á mellora xenética dos marcadores bioquímicos utilizados na actualidade. Ademais, se expoñen antigos instrumentos de investigación, como microscopios, autoclaves ou balanzas. A historia Creada en 1921, a Misión Biolóxica é o centro máis antigo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia. As súas liñas de investigación están moi enfocadas aos produtos propios da terra galega, e destacan a mellora xenética do millo, verduras e brásicas, os estudos das pragas que lles afectan e a investigación vitivinícola. O primeiro fito do centro, segundo Malvar, foi precisamente o traballo da mellora do millo, que iniciou Cruz Gallástegui. «Los primeiros híbridos dobles de maíz que se plantaron en los años 20 en Europa se plantaron en la Misión Biológica», sinalou a directora. Outro feito a subliñar, engadiu, sería a creación dunha piara pechada de gando porcino, que se usou para mellorar a cabana galega e tamén para facer estudos teóricos sobre mellora xenética animal. Esta piara constituíuse no ano 1931 e fundouna Miguel Odriozola. Os bancos Nos 40 comezaron as investigacións sobre fisioloxía e a área de química agrícola, e nos 70, retómase a mellora xenética como unha das liñas fundamentais da Misión e comézase a investigar recursos citoxenéticos. Recóllense variedades locais de millo e outros cultivos, labor que continuou nos 80 e 90 e que permitiu que no centro na actualidade «tengamos una colección de las principales variedades de germoplasma de los cultivos gallegos, como guisantes, judías, berzas, grelos o coles, así como el banco de genes de las especies cultivadas, que son nuestra gran fortaleza». «No sólo somos un reservorio, sino que se ese reservorio se puede sacar a la luz y puede ser de utilidad para mejorar la agricultura gallega», explicou. Deste xeito, Malvar indicou que na actualidade, a Misión ten unha «investigación puntera en la generación de nuevos conocimientos». Añadas de Rías Baixas A Misión está precisamente en contacto permanente co sector vitivinícola, para coñecer e atender as súas demandas. E de viños falouse onte en Cambados, onde se deron a coñecer os premiados da primeira edición da Cata das Añadas de Rías Baixas, organizada polo Consello Regulador. Na categoría de colleita de ouro foron premiados trece viños, mentres que na de prata foron dezaoito e, na de bronce, dezaseis. A conflitiva situación no Oriente medio E dunha celebración a algo moito máis serio, como é a crítica situación que se vive en Gaza e Cisxordania, así como no Líbano. Do tema falou onte o membro do Frente para a Liberación de Palestina Faiez Badawi, nun acto que organizou na galería Sargadelos a Coordenadora de Pontevedra contra a Guerra. Entre os datos que deu a coñecer o colectivo está o de que o 64% de palestinos, é dicir, máis dun millón de persoas, están a vivir «na profunda pobreza».