¡ARRE HO! | O |
05 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.SEI que despois de contarlles o que lles vou contar me van considerar un bruto colonizado e proamericano -a todo isto, terían razón en calquera dos tres cualificativos-, pero alguén tiña que facelo. Si, amigos e amigas, eu sonlles de Papá Noel. Cada Noiteboa, ese tipo obeso e barbudo, vestido coas cores da Coca-Cola, chegaba á casa dos meus pais, aínda non sei moi ben como. Por máis que me empeñase en vixiar os corredores e as habitacións, nunca conseguía descubrir como demos facía para deixar no cuarto da miña irmá o seu cargamento de regalos, sen deixar máis rastro que os tumbidos que o meu avó daba debaixo da mesa, dicindo con voz de ultratumba «alguén anda por aí, alguén anda por aí». A pesar de todo, confeso que diferenzas si que as sei ver: Papá Noel vén de Finlandia -ou de Atlanta, Georgia, vaian vostedes saber-, e os Reis de Cisxordania, ou por aí; Papá Noel axústase mellor as normas do capitalismo, porque traballa só, e así os empresarios só pagan un figurante para atraer os clientes. Aínda que no que verdadeiramente importa, eu penso que non hai tanta distancia: todos sentimos a mesma decepción cando nos damos de conta de que, despois de tanta reviravolta, tanto un coma os outros son en realidade...