Romero asume a responsabilidade de encabezar unha lista de «insubmisos que non cabreados» co Partido Popular
12 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.Francisco Romero é o candidato del Alternativa Popular Galega no Concello de Xinzo. Afronta o reto convencido de que as cousas en política teñen que cambiar.
-Vostede chegou á política no 2003 da mano de Isaac Vila.
-Nunca me dediquei á política ata que me chamaron para ir con Isaac Vila como concelleiro de Deportes. Estiven catro años, pero polo meu traballo non tiña tempo e non repetín.
-¿Cal e a razón do seu regreso, agora con outras siglas?
-Dende un principio cando Antonio Pérez (o actual alcalde) chega a Xinzo xa dicía que ía a ser o próximo alcalde e incluso repartindo xa as concellarías. No congreso do PP votaron todos os afiliados coas cotas pagadas. Pérez pagoulle aos seus amigos, afiliounos, e votáronlle a el coa conivencia misteriosa dos Baltares. Houbo entón unha serie de insubmisos que non cabreados. O partido nace desa situación.
-¿Cando decidiu asumir o reto de encabezar a lista de Xinzo?
-Hai tempo, sobre o mes de decembro, xa o tiña case decidido. En principio pénsase que pode ser Manolo Cerredelo, pero canso da política decide non selo. Nunha reunión propóñenmo, penseino e visto a banda á que nos enfrontábamos dixen que si, que hai que aceptar. Ademais a min non me poden quitar unha obra nin manipular. Necesitase a unha persoa que non teña nada que perder.
-Polo que di, existen presións.
-Unha persoa que vai na lista nosa xa tivo avisos. Estase correndo o rumor e facéndolle chegar a el que pode ter problemas na súa empresa. Estamos recibindo presións do PP, persoais. Incluso á xente que ía as nosas reunións dixéronlles que non podían collerlle máis material, a pesar de ter débedas con eles. Os da lista están presionados todos. O do censo non me sorprende demasiado porque é algo que ven sendo habitual.
-¿Relaciona directamente as presións co PP?
-Relaciónoo. Arrepíntome de axudar a eses golfos a chegar ao poder. De contribuír co meu voto. Eu son militante do Partido Popular dende hai moitos anos.
-Nota que existe algo de medo.
-Si. Estamos convocando á sede a veciños, empresarios, etcétera, e a xente está presionada.
-¿Estariades dispostos a darlle o poder ao PP no caso de que necesitase da vosa axuda?
-Xamais. Con Pérez nunca. Nunca. Con Pérez nunca.
-¿E apoiariades a actual oposición?
-Habería que examinar a situación, aínda que ideoloxicamente é complicado.
Francisco Romero candidato de alternativa popular en xinzo