04 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.
A perda de poboación vai provocar a desaparición de concellos da provincia. É unha realidade incuestionable porque, postos a revisar as cifras, temos algún concello que enche un cine -se o enche- e pouco máis. E os veciños saben que é moito mellor que haxa municipios grandes, en poboación, para ter os servicios ós que hoxendía non poden acceder. O único, e fundamental, atranco radica en como se afronta esa unión -¿asumirían algún día os veciños de Beade o perteñecer a Ribadavia?-, nas diferencias e enfrontamentos localistas e nos intereses políticos. Se hai unión ¿onde metemos ós alcaldes?.