A necesidade dun entramado social comprometido


A investigación co obxectivo da curación da sida debe avanzar co apoio decidido do Estado. Os tratamentos máis avanzados teñen que estar dispoñibles para todos sen distinción de orixe ou circunstancias vitais. A sociedade debe reforzar o compromiso para frear a extensión dun mal, fácil de evitar adoptando as medidas de protección fronte a calquera enfermidade de transmisión sexual, como é a sida, condón, ou de hixiene no uso de drogas inxectables ou instrumentos que teñan contacto con sangue, xiringas e outros elementos desbotables.

O problema de saúde que é o VIH sida está hoxe no noso entorno social practicamente controlado, aínda que resulta imprescindible reforzar a educación e a información, especialmente entre a xente nova, que se inicia en prácticas de risco, coma o sexo sen protección ou o consumo de drogas. Tamén entre outras persoas con comportamentos de risco coma usuarios de drogas inxectables ou esnifables ou persoas que exercen a prostitución.

Logrados estes avances, permanece sen embargo un estigma social sen fundamento arredor da sida que aínda identifica ás persoas con esta enfermidade crónica coma culpables e distintas. Tamén perviven discriminacións, especialmente no ámbito laboral, onde o feito de portar VIH ou desenvolver sida, aínda tratado medicamente, son causa de discriminación. Seguen practicándose analíticas non autorizadas e ilegais sobre o estado serolóxico en procesos de selección de persoal. Permanecen falsas crenzas como que unha persoa con VIH non está capacitada para derterminados traballos ou que o VIH pode transmitirse compartindo lugares de traballo.

A exclusión laboral dos afectados mantense. O resultado, en moitos casos, é unha precariedade económica que fai moi dificil a inclusión social e os coidados de saúde. Esta inxustiza agrávase en sectores da poboación xa marxinalizados, coma persoas migrantes ou económicamente desfavorecidas, que suman así unha grave dificultade á normalización da súa vida. Ata un cincuenta por cento das persoas con VIH están en situación de desemprego malia a maioría pertencen á franxa de idade de maior productividade, entre os 20 e os 50 anos.

Precísase pois un entramado social e empresarial sensible e comprometido que aposte pola contratación das persoas afectadas polo VIH, promovendo ademáis actitudes solidarias entre os traballadores.

Extracto do manifesto do Comité Cidadán Antisida de Ourense

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A necesidade dun entramado social comprometido