BALCÓN DE MOREIRAS | O |
22 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.A MINISTRA Narbona fala do cambio climático, e os máis vellos do lugar non lembran unha sequía como a que estamos a padecer, xa no inverno pasado, no outono e agora no que vai diste inverno. Algúns lembran aquelas frases do xeneral do Ferrol, cando nos seus discursos de fin de ano, sempre falaba de «la pertinaz sequia». Por iso fixo pantanos, e que sorte para a democracia esta con poucos demócratas, que xa os encontraron feitos. E é que calqueira tempo pasado non foi mellor, senón diferente... Esta primavera vai ser moi ruin para a pesca, pois non rubiron os peixes a desobar. Xa non digamos do noso campo medio erme, que no pouco que hai de agricultura de subsitencia a cousa vai de cú. Denantes aquí en Ourense sacábase á Virxe de Reza, noutros pobos ós santiños. Agora como non hai fe, nin eso. E como ollan as borrascas e os anticiclóns na TV pois nada. Claro que con fe, os ventos poden varia-las borrascas e traelas a Galicia. ¿Ou a fe non move montañas?