As disputas sobre o AVE

ANTÓN SÁNCHEZ RIVERO

OURENSE

RECANTO | O |

14 abr 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

NO día de hoxe estamos os galegos e galegas enfrascados na disputa a respeito de por onde ten que pasar o AVE, en cantas estacións ten que parar, se as actuais serven para o novo tren, se hai que construir outras novas... Lóxicamente o debate de base é que todos queren que o novo tren pase pola estación do seu concello. Hai dous anos aproximadamente, e cando o debate estaba aparecendo acotio nos medio, Juan Luis Rios, presidente da Fundación Enxeñería Civil de Galiza, dicia entre outras cousas: «O proxecto de Fomento frouxea, e non corresponde a ningún baremo de alta velocidade, ou se mellora ou semplemente non estamos a falar da alta velocidade». Obviamente estas manifestacións son contestadas pola Xunta de Galiza a base de inaugurar primeiras travesas en non sei cantos sitios, pretendendo dar a sensación de que a obra avanza sen parar, pero nunca entrando nun debate serio e riguroso a respeito do AVE. Digo eu que sería máis importante chegar a pornos de acordo sobre o tema que discutirmos. Semella cómico establecer un debate sen tan sequera saber sobre qué o facemos.