Xaquín Freixeiro, presidente da agrupación cultural valdeorresa Vía Nova
12 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.Xaquín Freixeiro é o presidente da agrupación cultural Vía Nova de Valdeorras, un colectivo que prácticamente dende a súa creación garda un espacio na programación de actividades para adicarllelo á situación do pobo saharaui. -¿Por que ese interese? -Entre outras cousas porque a actualidade é tan intensa que ás veces os conflictos quedan olvidados en favor doutros más recentes ou con maior difusión. Consideramos que os españois temos unha responsabilidade histórica con ese pobo, que estivo administrado por nós e que inda non conqueriu a celebración do referendum que Nacións Unidas fixou como clave para a resolución do conflicto. -¿Hai insensibilidade na poboación con este tema? -Non exactamente. En Galicia e en Ourense son moitos os nenos refuxiados que pasan coas familias de aquí os veráns. Eso está ben, pero nós pensamos que é necesario non esquecer as razóns que provocan que estes nenos vivan nesa situación. Por eso traemos periódicamente a estudiosos, historiadores ou exposicións como a deste ano de Xurxo Lobato, que axudan a que todos entendamos o problema. -¿Que outros temas se abordarán nestas xornadas? -Falaremos da toponimia de Valdeorras, investigando na orixe de moitos nomes, algúns xa perdidos, que xurdían do coñecemento popular ou das lendas antigas. Tamén teremos espacio para os movimentos antiglobalización e máis concretamente coñeceremos un colectivo que pretende que as grandes multinacionais paguen una especie de tributo sobor dos seus beneficios para destinalo os países non desenvolvidos. Tamén seguiremos coñecendo a nosa fauna con outra charla que nos falará de ornitoloxía.