O conto chinés da pandemia

Inma López Silva
Inma López Silva CALEIDOSCOPIO

OPINIÓN

Luis Torres

30 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Dous anos despois do seu inicio, contáronnos do covid-19 a súa sintomatoloxía, as secuelas que deixa, os efectos sobre o corpo, o comportamento xenético do virus e as súas mutacións. Igual ca na Apocalipse, propagábase por «ondas» que asolagaban os hospitais. Mais coma na Bela adormecida, chegouse a crear en tempo récord unha cantidade considerábel de vacinas que, coma un bico do príncipe, curaron a pandemia. Fin.

Pero os bos contos parten dun misterio: como comezou a enfermidade? Había un célebre chinés que comeu un morcego, pero ese quizais só existiu en Twitter. Tamén estaba o misterioso laboratorio de Wuhan que conta xa con científicos debidamente represaliados pola temíbel censura pequinesa, onde quizais o virus chegado dun contaxio nunha mina en 2012 escapou por accidente. Pero isto non é ficción científica, senón, quizais, só unha fábula: no comezo de todo sempre houbo un morcego. E tamén o sermos como somos os humanos en canto o poder nos atenaza.

Os contos, en fin, explican os efectos adversos da nosa propia estupidez. Neste caso, son dous personaxes estupendos: Donald Trump e Tedros Adhanon, un accedeu ao poder dos EE.UU. a base de contar constantemente noticias falsas, e outro converteuse nun insulso monicreque dos intereses de China á fronte da OMS.