A primeira misión das novas Cortes foi crear o marco legal da democracia española. A Comisión de Asuntos Constitucionais no Congreso dos Deputados nomeou unha ponencia de sete membros: Gabriel Cisneros, Miguel Herrero de Miñón e José Pedro Pérez Llorca, de UCD; Gregorio Peces Barba, do PSOE; Manuel Fraga Iribarne, de AP; Jordi Solé Turá, do PCE; e, por cesión do PSOE dun dos dous postos que lle correspondían, Miguel Roca Junyent, da Minoría Catalana. O presidente era Emilio Attard, de UCD, que non tivo necesidade de intervir.
E sen embargo, as diferenzas de criterio entre os ponentes eran moitas e importantes, porque nin sequera coincidían no modelo de Constitución que deberían facer, e cando o 22 de agosto de 1977 empezaron a debatelo as discusións foron acaloradas, non só por efectos daquel tórrido verán.
Pero todos desexaban o «consenso», palabra que entraba como novidade na linguaxe coloquial dos españois, e para iso todos deberían ceder. Pensaban que se eles conseguían entenderse, tamén poderían facelo as dúas Españas.
En 1979, un comando de ETA tentou secuestrar a Gabriel Cisneros e feriuno de bala. O coche conducíao un xove chamado Arnaldo Otegi.