«La» Coruña e Iberia


Logo de anos de argumentarmos sobre o nome da cidade que tamén se coñece como Marineda (gloria haxa dona Emilia Pardo Bazán), parecería que se repuxese o uso histórico de Coruña ao falar castelán e a Coruña falando galego. Iso sen óbice para que a forma oficial, A Coruña, inclúa o artigo orixinario da lingua patrimonial. Con todo, hai xente a insistir no La castelán antes do nome...

Que sigan, mais un esperaría que o fixese quen se expresa en castelán adquirido, esquecendo que os falantes naturais dese romance non adoitan engadir artigos aos nomes de lugar (á contra do que fan os falantes galaico-portugueses). Velaí, se non, a burgalesa Coruña del Conde -sen artigo- no cerne da fala castelá; e seica o étimo romano é o mesmo: Clunia.

Se cadra os responsables das relacións públicas da compañía Iberia descoñecen tales detalles filolóxicos. Ora, tampouco deben saber moito de historia de España, da teima inglesa por conquistar o porto de Corunna; ou da batalla de Elviña e o enterramento de Sir John Moore «in Corunna».

O comentario vén ao fío dun raro fenómeno lingüístico nas mensaxes a bordo dos avións de Iberia, nunca emitidas en galego: a falar castelán o comandante di «La Coruña» encanto os seus subordinados len «A Coruña», o politicamente correcto; a falar ou ler inglés (por costume sen pronuncia nin prosodia axeitadas) o un e os outros sempre din «La Coruña». Mais, curiosamente, cando se voa a Sevilla, por exemplo, todos os membros das tripulacións de Iberia esfórzanse por dicir «Seville» ao tentaren sorte co inglés. Why?

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
42 votos

«La» Coruña e Iberia