«La llave inglesa»

Xavier Alcalá
Xavier Alcalá A VOO DE TECLA

OPINIÓN

26 mar 2012 . Actualizado a las 08:00 h.

A no 1966, Madrid, E.T.S. de Telecomunicación. Todo canto libro valese para estudar as novas materias viña en inglés. Na aula xuntábanse catro ferrolterráns que os colegas consideraban coma extraterrestres, porque compraban libros americanos, didácticos, magnificamente ilustrados. Para máis abraio de rapaces de toda España (daquela só había unha escola de Telecomunicación no país), dous ferroláns de «portas adentro» falaban inglés fluently porque xa de cativiños foran a unha miss.

Ferrol me fecit, parafraseaba Torrente a Graham Greene; e Guillermo Ferrández explícao en La llave inglesa, libriño que Rajoy debía ter de cabeceira estes días. Pena que o señor rexistrador non comprenda o inglés nin saiba de tecnoloxía. Pero si pode entender a síntese do Ferrández, que tamén é de Letras: Non é que Ferrol lle deba a súa existencia a unha decisión tomada en Madrid por un ilustrado con visión, o marqués de La Ensenada (o cal é certo). É que España lle debe a Ferrol (á masa de aluvión que caeu por Esteiro e A Madalena) o seu poder naval desde Jorge Juan e Ulloa ata hoxe; e é que, grazas a Ferrol, desde Noruega a Australia os Gobernos saben que en España se fan barcos de guerra, os vehículos que xuntan máis tecnoloxías de cantos os humanos fan.

Xa abonda de prexubilacións e coñecemento cesante en Ferrol. Se o Estado ten que elixir, que elixa entre reavivar o cemento, a falta de ladrillo, ou aproveitar a maior concentración de know-how tecnolóxico per cápita de España:

A da Ferrolterra.