A MAIORÍA dos deputados da Cámara autonómica adquiriu destreza notable en ventriloquia e move os beizos ao modo manga dos debuxos nipóns na hora solemne do Himno Galego. A versión corta que manexou Touriño na toma de posesión minimizaría ese esforzo. Agora queren aprender o texto íntegro e hasta se puxeron dacordo para editalo nas novas tecnoloxías. A ver se deciden, xa avisan, revisarlle a letra para que recupere o seu sentido orixinal. Ben debe andar Galicia cando a ubicación dunha bandeira ou a arqueoloxía dos textos centran o debate político. O país segue a ser o mesmo: o canto une os corazóns mentras o tren viaxa ás velocidades que disfrutou Pascual Veiga, a Transcantábrica perde o seu casto nome ao pasar o Eo e as vilas toman as rías por alcantarillado.