Dependentes do coche

La Voz

OPINIÓN

Un día sen coches. O Concello de Vilagarcía foi un pouco máis lonxe adicando unha semana sen coches, aínda que despois do domingo todo volveu á rutina diaria, a caer na grave dependencia do coche para realizar calqueira actividade cotiá. Nalgúns países da Unión Europea levan décadas utilizando maioritariamente o transporte público (autobuses, tren, taxi, metro, tranvía) para acudir ós traballos, facer compras ou realizar calqueira xestión particular. O paradóxico de todo esto é a cantidade de persoas que ó longo de todo o día circulan no seu vehículo para desplazarse ó centro de traballo, para mercar a prensa, o pan, o tabaco, etcétera. Logo pola tardiña enfúndanse no chandal e pasean uns quilómetros polas beiras das estradas ou os paseos marítimos. Cousas da vida, sen sentido práctico algún. José Manuel Pena. Ribeira.