A Deputación investiu en Triacastela 313.187 euros no último ano e medio para o arranxo de estradas municipais e accesos a núcleos rurais

La Voz

TRIACASTELA

O executivo provincial creou 20 novos postos de traballo con 234.089 euros

28 dic 2017 . Actualizado a las 10:08 h.

O Goberno da Deputación destinou 632.785 euros ao Concello de Triacastela no último ano e medio para mellorar a calidade de vida dos preto de 700 veciños do municipio. Deste investimento, 313.187 euros foron para o arrano de estradas municipais e accesos aos núcleos rurais de Lamas e Eiracova, Santalla, Cancelo, Queixadoiro e Meizarán, beneficiando directamente aos 190 veciños que viven nestes 6 núcleos. Ademais, o Executivo Provincial creou 20 novos postos de traballo en Triacastela a través dos plans do Ben Empregado e do DepuEmprego, cun investimento total de 234.089 euros.

Sobre a xeración de emprego, este Concello beneficiouse dun investimento de máis de 313.187 euros do Goberno da Deputación para a creación de novos postos de traballo no municipio. A través do DEPUEMPREGO, Triacastela mellorou as prestacións públicas municipais a través da contratación de 6 novos traballadores. A isto hai que engadir o BEN EMPREGADO, o programa mediante o cal a Deputación asume os gastos da contratación de lucenses desempregados en empresas da provincia, en concreto, 14 persoas comezaron a traballar en Triacastela grazas a este plan de emprego.

Servizos Sociais. O Goberno da Deputación presta atención profesional a máis de 57 maiores de Triacastela a través do servizo de Teleasistencia gratuíta e o Servizo de Axuda no Fogar, financiando con máis de 46.879 euros estes dous programas.

Mellora de Infraestruturas: Os veciños de Triacastela beneficiáronse dunha achega de preto de máis de 350.000 euros para pavimentación dos accesos de Camiño de Lama do Cabaleiro (Lamas) e Eiracova; acondicionamento e mellora de accesos en Santalla e pavimentación do Camiño Pedrón e Serra en Cancelo; acondicionamento e mellora de accesos en Queixadoiro e pavimentación de Camiño do Cerradal e da Serra en Meizarán; Mellora da rede de distribución de auga potable en Triacastela; o arranxo de estradas municipais, o abastecemento de auga no núcleo de Tras do Castro, ou acondicionamento e mellora de camiños en San Breixo e Santalla.

Turismo, Cultura e Deportes. O Executivo Provincial investiu 8.600 euros para a promoción do turismo a través do fomento e promoción da Cova Eirós, ou a Feira de Artesanía e Produtos da zona.

Así como para o fomento da cultura e o deporte no municipio con eventos como o Terremoto Trail, un curso natación para nenos e nenas do Concello ou a Ludoteca de Nadal.