O sarriano que transforma paixón en traballo

María Guntín
maría guntín SARRIA / LA VOZ

SARRIA

Manuel López Poy (dereita) e Blas Picón (esquerda)
Manuel López Poy (dereita) e Blas Picón (esquerda) cedida

Manuel está levando a cabo unha campaña de crowdfunding para publicar un libro

12 mar 2020 . Actualizado a las 17:43 h.

Manuel López Poy naceu en Sarria, pero vive en Barcelona dende hai máis de 25 anos. É escritor, e tamén xornalista aínda que, pola situación que vive o gremio hoxe en día, considérase máis autor que outra cousa. Traballa como freelance e leva escritos 16 libros e cómics. Ademais, é guionista e tamén aposta polos documentais de índole social.

-Está a facer un crowdfunding para publicar a súa última creación.

-Sí. Chámase Aires de Tormenta e é un libro de relatos de corte policial que inclúen banda sonora. É novela negra e está ambientado en momentos revolucionarios de principios do século XX. A banda sonora é de Blas Picón. Hai unha canción para cada relato, aínda que en realidade son oito porque inclúen un clásico. Lanzaremos un disco en formato CD e vinilo. Xa temos todo feito, só nos falta o diñeiro para poñelo todo en marcha.

-Como apareceu a idea?

-Falando nun bar de blues ao que imos moito en Barcelona. A idea apareceu por casualidade e tras moitas conversas. Entón, pensei que se podía ambientar nesa época revolucionaria que inclúe tamén movementos como o fascismo ou o comunismo.

Eu recreo un momento que nadei sabe cando foi exactamente e do que é necesario falar.

-De Sarria a Barcelona... como foi dar alí?

-Eu marchei a estudar a Madrid no ano 76 e estiven traballando alí, aínda que tamén exercín un ano e medio en Vigo, no 87. Despois regresei á capital, pasei por Sevilla e marchei a Barcelona por unha oferta laboral. Cheguei no 94 e quedei aquí, pero seguín traballando algunha tempada en Madrid e colaborando con varios medios.

-E como é o seu traballo de freelance?

-Colaboro con revistas como Luzes e outras francesas, ademais de medios de comunicación. Ao mesmo tempo, dedícome a dar conferencias de diversa índole e temática. En realidade, todo comezou porque hai once anos, durante a crise, sentín que tiña que renovarme, e foron aparecendo ideas.

-Xornalismo e escritura, unha mestura perfecta.

-Eu comecei a facer libros por encargo e a publicar relatos ambientados no mundo da música. Escribín de blues e colaboro con diversas revistas musicais. Ao final, o que comezou sendo unha afección, converteuse nunha saída laboral.

-Pero vostede atrévese ata cas novelas de vaqueiros

-Así é, comecei publicándoas con pseudónimo. Foi encargo dunha editorial e pouco a pouco, avanzou e converteuse en algo mais. En realidade, eu comecei cos cómics no ano 2009, facendo unha historia sobre o bandido de Ortigueira. Entón, decidín continuar, aínda que eu tamén aposto polos documentais de corte social.