Lugo, coñecido a través dos sentidos

L.G.C. LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Este domingo tivo lugar un percorrido turístico pola cidade amurallada na que os participantes se sumerxían nos espazos a través de todos os sentidos

14 jun 2020 . Actualizado a las 18:48 h.

Lugo visto, pero tamén percibido. Así é como cerca dunha trintena de persoas gozaron este domingo dunha visita á cidade amurallada da man do guía turístico Guido Álvarez e de Gustavo Fouce. Entre os dous encargáronse de trasladar aos participantes ao Lugo menos coñecido e máis sensorial. Historia e natureza dándose a man nun paseo de preto de tres horas no que ademais de coñecer a cidade por medio da vista e da palabra, tamén o fixeron a través dos sentidos.

Porque non é o mesmo desprazarse ata o barrio do Carme e dar un paseo por el ca sentilo, percibilo e conectar con el. «Escoitade, pisade. Oídes a auga?», prantexaba o guía. E así, a través dos sentidos, os participantes viaxaban no tempo e na memoria de xeito sensorial.

Decatarse da historia que se atopa baixo os pés ou tocar unha pedra que foi testemuña de séculos de vivencias abre unha porta distinta á cidade lucense.

Unha aldea abandonada na cidade

lorena garcía calvo

O barrio do Carme é unha aldea abandonada incrustada no corazón da cidade de Lugo. Unha inmensa contradición de chan fértil, regatos, vestixios romanos, casas derruídas, invernadoiros, grafites e fiestras tapiadas. Un cruce de rúas, fincas e camiños que milenios atrás era atravesado pola XIX calzada romana, que fala dun pasado honroso e dun presente solitario.

Hoxe no Carme apenas queda xente. A maioría das casas locen portas e fiestras tapiadas e nalgunhas a maleza exerce de okupa devastando paredes e ascendendo andares. Un dos poucos veciños que resistiron o envite da desertización do barrio conta que a maioría das vivendas leva trinta anos languidecendo a pesar de atoparse nun sitio privilexiado, a poucos metros da Muralla e do corazón mesmo da cidade. Foron morrendo os maiores e os herdeiros non as conservaron.

Seguir leyendo