Nuria Rodríguez pensa que o modelo a seguir é A Mariña, onde protexen o monte como unha caixa de aforros
25 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.Nuria Rodríguez Arias leva 14 anos traballando na Asociación Provincial de Primeira Transformación da Madeira e é unha das 70.000 persoas que viven en Galicia deste sector. Séntese moi ofendida polos ataques que a raíz dos incendios están recibindo e que apuntan ó sector como posible responsable dos lumes.
-¿Por que pensa que están estigmatizando o sector forestal?
- Síntome moi identificado con todo o que se está oíndo e dóeme que se estean dicindo estas cousas. Non se pode focalizar no sector forestal a culpa dos incendios. Traballo nunha asociación que representa a 243 empresas, para as que o monte é o pan deles diario. Non podemos calar cando nos achacan a responsabilidade dos incendios. ¡Non señor! Nós sufrimos e cáusannos tanto problema os incendios como o que lle arde o monte. Nós tamén somos damnificados e temos que demostrarlle a sociedade que a relación entre incendios e industria forestal non é verdade.
-¿Por que pensa que se vincula?
-Eu nestes incendios do fin de semana comprobei, a través de grupos de WhatsApp e das redes sociais que todo o mundo se sinte co dereito a opinar de algo que descoñece totalmente. A maioría da xente que se pronuncia nin vive no rural nin traballa no forestal. Fala de oídas. Aliméntanse bulos que calan na sociedade. Iso temos que frealo. ¿Non nos damos conta do que está en risco?
-¿Que é o que pensa que está en risco?
-Simplemente tantos postos de traballo como Citroën ou o naval xuntos. No forestal traballamos 70.000 persoas, diseminadas por toda Galicia. ¿Como imos ter interese nos lumes? Nós o que queremos é un produto bo, de calidade, que se lle poda dar valor engadido. E unha madeira queimada non o ten. É un produto enfermo. ¿Como imos querer material danado ou enfermo? ¿Que vai pasar a partir da primavera cando o pino queimado empece a azular? Necesitamos un produto de calidade. Non queremos madeira queimada. Algunha cousa que se dixo por aí de que algunha industria a quería. É certo que si se recolle, pero ata unha porcentaxe. Se non é capaz de recoller máis esa madeira que vai quedar no monte. Peor aínda. É foco de infeccións, de pragas...
-¿Por que na Mariña non arde o monte?
-Na Mariña hai unha xestión activa do monte. O propietario está moi vinculado as súas parcelas. Veas medrar, atópalles un rendemento, co que as xestiona, traballa sobre elas, non teñen maleza e non arden. Protéxense porque son a caixa dos aforros dos galegos. e na Mariña o propietario está moi vinculado co sector forestal e cóidano.
-¿Por que no resto dos sitios non xestionan como na Mariña? ¿Cal sería a solución?
-Non o sei. Non imos aventurar solucións máxicas. Non pode ser que cando teñamos unha catástrofe, a toro pasado, todo o mundo saiba o que se podía ter feito. Isto é moi complexo. Se fora algo doado xa estaría exposto. Que quede moi claro que nos incendios o principal causante é o que prende e aí é onde hai que atacar. Despois existen medida de prevención, entre elas as de xestión. Está claro que un monte produtivo non arde. E tampouco e o mesmo apagar un incendio nun monte que está limpo, ou noutro que está cheo de maleza e non hai por onde andar, que non se sabe por onde van os camiños. E tampouco é a mesma vinculación do particular. Un particular que ve en perigo os seus intereses no monte, actúa tanto na prevención como na extinción.
-¿Ninguha parcela sen uso?
-O que hai que facer é que ningunha parcela estea improdutiva. Ten que ter un aproveitamento forestal ou agrario. É dicir, un medio rural activo. O problema principal e que se está despoboando.
-Desta volta, en Lugo non arderon eucaliptos...
-O eucalipto non chama o lume. Maticemos un pouco porque se está facendo moito dano. En Cervantes queimáronse frondosas e monte baixo.
-¿Pensa que ten que haber cambios no plan director da Rede Natura como din os afectados?
-Se queremos un medio rural activo, non podemos poñer tantas trabas. Entendo que hai directivas comunitarias, hai varios puntos que é necesario consensuar. Pero o propietario ten que ter un marxe de manobra. Se estás no medio rural e non podes facer nada: non podes abrir pistas, non podes facer determinado tipo de plantacións, non te podes defender dos ataques dos animais... ¿Que fas no medio rural? Os que vivimos na aldea sabemos o que pasa: despoboamento.
-¿Que conclusións sacaron dos lumes destes días?
-Primeiro a dispersión que temos. Cada un fixo a casa onde quixo, e agora, a hora de protexer esas vivendas temos un problema. Vimos que hai unhas franxas de protección de núcleos habitados, de polígonos, de infraestruturas que non se están respectando. Creo que neste tema si se aprendeu unha lección: que hai que gardar as distancias.
-¿Hai que cambiar entón as normas?
-Primeiro cumprir as que hai e despois cambiar as que sexan necesarias. Vin por aí cambios nas franxas de protección que igual están acertadas. Detectamos que hai casas pegadas o monte, en moitos casos pola merma da actividade forestal.
«O eucalipto non chama ao lume no monte. Maticemos, porque se está facendo dano»
«Cada un fixo a súa casa onde quixo e á hora de protexelas temos un problema»
La Xunta informó al vecino de Cervantes que le ardió la casa de que le pagarán su reconstrucción
El delegado territorial de la Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado de otros cargos del gobierno gallego en Lugo, y del alcalde, de Cervantes, Benigno Gómez, visitaron las zonas afectadas por los incendios de hace más de diez días. Pudieron comprobar sobre el terreno los daños en un entorno de gran valor ecológico. Todavía no se ha contabilizado, con precisión, la superficie quemada, y que gran parte pertenece a la Reserva de la Biosfera y cuenta con la protección de la Red Natura.
Balseiro confirmó la propuesta que hizo la pasada semana el presidente de la Xunta de que el gobierno gallego correrá con los gastos de reconstrucción de las viviendas quemadas por los incendios y que estaban habitadas. Visitó al vecino de O Pando, Antonio González, al que le ardió su vivienda en la madrugada del día 16. Este vecino ha declinado, al menos de momento, las posibilidades que le ha ofrecido la Xunta para realojarlo, dado que su intención es restaurar la casa en la que vivía. El hombre, de 66 años, prefiere seguir viviendo en O Pando, en concreto en la casa de un hermano que reside en Lugo, a pesar de que la Xunta le ofrece un alquiler. Su intención es reconstruir cuanto antes la vivienda familiar.