Repaso a medio século de historia de Fuxan os Ventos

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Foto histórica de Fuxan os Ventos
Foto histórica de Fuxan os Ventos cedida

O Vello Cárcere de Lugo acollerá unha exposición entre o 22 de outubro e o 22 de xaneiro

05 oct 2022 . Actualizado a las 12:26 h.

Do 22 de outubro ao 22 de xaneiro • O Vello Cárcere (Lugo) •

A mostra que conmemora o medio século de historia do grupo lugués Fuxan os Ventos, Fuxan os Ventos. 50 anos de historia, comisariada pola viguesa Sabela Fraga, chega ao Vello Cárcere da man da Xunta, a Deputación, o Concello e o Concello da Cultura Galega. Trátase dunha escolma de pezas que fan un percorrido pola cronoloxía de Fuxan os Ventos, o seu universo creativo e polo compromiso social e político do grupo.

O contexto no que nace, os discos, os numerosos concertos (tanto dentro, coma fóra de Galicia), os seus referentes literarios, a composición e arranxos das músicas, a súa relación coa tradición oral e a música tradicional... A través do arquivo persoal dos propios membros do grupo, a mostra fará unha viaxe dende a súa primeira actuación na terceira edición de As San Lucas de Mondoñedo, no 1972, ata a actualidade.