O teatro volve a Palas con nove compañías e tres premios

Un protocolo específico fronte ao covid-19 marcará esta cita, que é xa un referente no eido teatral galego

Os organizadores da Mostra explicaron que é necesario reservar praza e que é obrigatorio o uso de máscara e xel
Os organizadores da Mostra explicaron que é necesario reservar praza e que é obrigatorio o uso de máscara e xel

Lugo / La Voz

O teatro volve a Palas da man da XXI Mostra de Teatro Amador, Teatro no Camiño de Santiago, entre o 27 de agosto e o 6 de setembro. Farao marcada por un protocolo específico fronte ao covid-19, seguindo as medidas de seguridade sanitaria, pero sen renunciar á actuación de nove compañías e á entrega de tres premios.

A Mostra está organizada pola Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas, Os Lobos, en colaboración con Metátese Teatro, Alentía Teatro e o Concello de Palas de Rei. O programa foi presentado polo alcalde, Pablo Taboada; o presidente da Orde, Xosé Manuel Pérez; a presidenta de Alentía, Ana Ramos; o director de Metátese, Alfonso García; e os encargados do protocolo covid, Andrés Vázquez e Ana García.

A Mostra é hoxe en día un referente dentro do eido de teatro amador galego, e por ela teñen pasado xa máis de duascentas cincuenta compañías do teatro amador galego e máis de trinta da península e de países como Cuba, México, Portugal, Francia...

Medidas de seguridade

Segundo sinalaron os organizadores, a asistencia aos espectáculos farase previa reserva no teléfono 647 565 182, dado que o aforo estará limitado. Tamén é obrigatorio o uso de máscara e xel desinfectante e gardar a distancia mínima de seguridade entre os asistentes.

Nesta edición participarán sete grupos de Galicia, un de Villalpardo (Cuenca) e outro de Madeira (Portugal). Todas as funcións serán ás 21.00 horas na Casa da Cultura de Palas de Rei.

A programación é a seguinte:

· Xoves 27. Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, de creación colectiva do alumnado, coordinado por Afonso García Penas, Tecedoras de soños.

Ademais, entregarase o XV Premio Careón á escritora Iolanda R. Aldrei en recoñecemento á súa labor como escritora e dinamizadora da cultura galega.

· Venres 28. Ubú Teatro, O vixiante dos soños (teatro infantil e familiar). Esta actuación está subvencionada polo Agadic, a través do seu programa Cultura no Camiño.

· Sábado 29. Invencible Teatro y Escuela de Teatro, de Villalpardo (Cuenca), La elegida (musical).

· Domingo 30. Metátese Teatro, con Detrás das máscaras.

Ademais, entregarase o III Premio «Garabato» á Conservación do Patrimonio, en homenaxe a Gabriel Barreiro Toural, dotado con 1.000 euros. Foi outorgado á Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, de Sada, unha entidade que se distingue pola súa labor na defensa, recuperación e difusión do patrimonio cultural.

· Mércores 2. Brais das Hortas, Coa proa de Carvalho. A actuación está subvencionada polo Agadic, a través de Cultura no Camiño.

· Xoves 3. Grupo de Teatro Faro Miño, de Chantada, Langreira de amor.

· Venres 4. Pedro Brandariz, Familia? Non grazas. Actuación subvencionada polo Agadic, a través de Cultura no Camiño.

Ademais, farase entrega do XX Premio Mácara a Pedro Brandariz pola súa traxectoria profesional como actor e o seu apoio ao teatro.

· Sábado 5. Grupo de Teatro Machico (Ilha da Madeira ? Portugal), A Nova Barca do Inferno (Adaptación do orixinal A Barca do Inferno, de Gil Vicente).

· Domingo 6. Alentía Teatro, con O retorno de Dora e Lola.

Vive Camino

Toda la información sobre el Camino de Santiago en Vive Camino

Votación
0 votos
Comentarios

O teatro volve a Palas con nove compañías e tres premios