«Traballei de dependenta, na hostelería..., pero a terra sempre me gustou e este era o momento»

La Voz

AGRICULTURA

15 jul 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Hai dous anos que Montse Otero, de 35 anos, deu un xiro á súa vida para dedicarse á agricultura ecolóxica. Cada martes viaxa a Lugo para vender o que produce en San Xorxe, Lourenzá, no Mercado da Terra. «Traballei de dependenta, na hostalería..., pero a terra sempre me gustou e este era o momento», confesa.

-¿En que consiste Ecoadellao?

-Temos unha finca con tres invernadoiros na que cultivamos verdura ecolóxica que vendemos directamente nalgunha tenda e en mercados ecolóxicos, como os que hai en Riotorto, Arzúa... Plantamos xudía, leituga, tomate, cabaciño, pemento, coliflor, nabiza..., dependendo da época.

-¿Dá para vivir?

-Estou eu soa e non me podo queixar. Estamos nun momento malo, pero algo está cambiando. A xente volve valorar o sabor, a cor..., o comer san, a saúde, que é o máis importante.