A Fundación Manuel María de Terra Chá editou un libro no que se recollen cen relatos de oturos tantos amigos do sacerdote lucense Xesús Mato, e no que se reflicten aspectos da polifacética vida deste personaxe que acaba de cumprir 75 anos, dos que 50 dedicounos ao sacerdocio, os últimos 25 na alta montaña. Mato sono io (Eu son o tolo) é o título deste libro que coordinou o xornalista Xulio Xiz, e que será presentado o vernes en Sargadelos, ás oito do serán.
Principal instigador do grupo Fuxan os Ventos, o propio título do libro fai referencia a unha das vivencias que experimentou o sacerdote en Italia, nunha viaxe co que está considerado como o grupo folk de maior éxito en Galicia.
Mato en italiano significa tolo e foi precisamente nun establecimiento de hostelería onde os integrantes do grupo preguntaban por el para facer fronte ao pago dunhas consumicións. Nese momento emerxeu o sacerdote, quen en correcto italiano dixo: «Mato sono io», o que fixo, aseverou Xulio Xiz, que todo o mundo o mirara con estrañeza, porque acababa de recoñecer en voz alta que el «era o tolo». O nome de Fuxan os Ventos parte dun poema que escribiu Mato, ao que tamén puso música e tivo como compañeiros inseparables aos músicos Mini e Mero, cos que aínda colabora en A Quenlla. Foi tamén o fundador de Auxilia, dedicada a favorecer aos discapacitados.
Mato sabe da existencia do libro, pero descoñece o seu contido e os cen amigos que descibren episodios da súa traxectoria como sacerdote, traballador radiofónico, articulista (na actualidade de La Voz de Galicia), erudito en arte eclesiástico ou benefactor do desfavorecidos. Hoxe en día leva media dúcia de parroquias no municipio de Pedrafita.