O equipo da Terra de Melide, coa táboa de cortar valorada en 15.000 euros que os acredita como gañadores da competición gastronómica da Televisión de Galicia
O equipo da Terra de Melide, coa táboa de cortar valorada en 15.000 euros que os acredita como gañadores da competición gastronómica da Televisión de Galicia

Melide, gañadora da final do norte en 'Come a comarca': «Vai polos que fan que a nosa gastronomía sexa tan boa»

A última batalla da competición de cociña da TVG permitiu liberdade creativa aos concursantes, que elaboraron un menú avaliado por grandes cociñeiros da nosa terra, coma Xoán Crujeiras ou Yayo Daporta. Pedro Coego, capitán melidense, recoñeceu o bo facer da Terra Chá e da hostalería galega: «ánimo e folgos nestes momentos difíciles para todos»