As 3.500 solicitudes de grandes dependentes coas que contaban inicialmente para poñer en marcha a lei transformaronse ata o de agora en sete mil
16 mar 2008 . Actualizado a las 02:00 h.O de Branca Rodríguez Pazos sempre foron os servizos sociais. É unha parcela na que se desenvolve ben e na que, polo momento, os cambios da nova filosofía que proclama do predominio do público sobre o privado non son tan evidentes como desexaría. Ela mesma recoñece que as bases están sentadas e que nos próximos anos se verán os resultados. Agora está en plena campaña para implantar a lei de dependencia.
-¿Cantas solicitudes van?
-Moitas. Antes de empezar coa posta en marcha desta lei pensábamos en tres mil e pico, pero van sete mil. Non todos serán grandes dependentes, pero pode chegar a habelos. Empezaron a solicitar en maio e aínda estamos con cuestións sen pechar co Estado e as autonomías no desenrolo da lei. Agora estamos valorando os grandes dependentes. en Lugo, pola dispersión xeográfica e o envellecemento da poboación, non estrañan estas cifras.
-¿Cal é razón pola que non empezaron a pagar? - A xente pensa que a lei de dependencia é de pagar, non é de pagar, é de servizos. Hai moitas cousas que xa se prestan os servizos, e hai outras que, dependen de trámites administrativos xa que hai cuestións da administración non dependen só da Vicepresidencia. A teleasistenza estáse facendo o día, o transporte adaptado tamén o igual que o ingreso en residencia. En prestacións económicas empezouse agora a pagar a coidadores. Hai moitas solicitudes deste tipo. Xestiónanse, pero despois pasan a intervención xeral da Xunta. Pero, insisto en que non e un tema de pago, senón de servizos. Estase cos trámites. -¿Non será que non hai cartos? -Non é certo que non haxa dotación orzamentaria. Pero hai que dicir que os cartos fóronse recibindo segundo os valorados. Houbo negociacións o ano pasado para conseguir máis fondos porque nos tiñamos un atraso grande en servizos e dispersión xeográfica porque non é o mesmo facer a valoración en Guadalaxara. En Lugo é especialmente complicado. Vai haber un período de posta o día neste ano. Para o que ben irá polo seu pé. -¿A xente que vive en concellos onde non existe o consorcio está a recibir esas axudas? -Si. A axuda a domicilio recíbese polo concello, que teñen case todos. A lei di que un gran dependente ten dereito a ingresar nunha residencia. A prestación a vai a ter, pero onde haxa o servizo. O territorio en canto a servizos e Galiza. -¿Cántas axudas pediron os coidadores? -Tramitáronse case cen. Estase desenrolando todo con normalidade, dentro dun orden, como se viña facendo habitualmente antes. A avalancha do principio no significa que estean todas feitas. Están en trámite. Temos equipos de valoradores de educadores sociais e terapeutas sociais que van por toda a provincia. En Lugo é difícil chegar a todas partes. -¿Cando estará rematada a primeira fase? -E difícil aventurar cifras e datos. Polas estimacións iniciais auguraban 3.500 dependentes e mira onde van. -¿Qué queda por facer en servizos sociais? -Queda por asentar o sistema. Este ano e o da Lei de Servizos Sociais. Moitas cousas van a rematarse neste ano e no que ven.. -Vai necesitar catro máis... -Catro e moitos máis porque pretendemos que haxa residencias de grandes dependentes nas cabeceiras de comarca e que todos os concellos conten co seu centro de día e se se pode, con prazas residenciais, sería o ideal. Estanse poñendo as bases. -¿Os servizos sociais son moito máis custosos que a rendabilidade política que xeneran? -Non o sei. Pero nós non traballamos para rendabilidades inmediatas, senón que o que queremos e transformar a sociedade e os servizos sociais.