«Agora estudo segundo de BAC»

La Voz

LUGO

ÓSCAR CELA

NÚMERO 13 DO BNG DE LUGO

04 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Son Román e nacín hai 18 anos en Lugo. Estudo segundo de BAC no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes e participo no movemento estudantil nacionalista (CAE). Son membro da Mesa pola Normalización Lingüística e tamén da oenegé Axunica coa que este verán estiven de cooperante en Nicaragua. Alí comprendín que outro mundo debe e ten que ser posible para que, polo menos, todo o mundo teña algo que levar á boca tres veces ao día. Son responsable local en Galiza Nova. Xoguei no Azkar Lugo e agora fago o ridículo entre dúas canastras. Os meus compañeiros da Autoescola Fontiñas xogan ao baloncesto. ¿Por que estou en política? Eu entendo que a política é todo; desde cando te posicionas sobre calquera tema ben sexa os métodos anticonceptivos, a vivenda ... estás facendo política. Moitos dos nosos problemas pódense solucionar cambiando unha política de mocidade do Concello que case non ten propostas para rapaces maiores de 16 anos. O programa do BNG ten propostas pensadas por e para mozos e mozas, como destinar o 15% dos aproveitamentos urbanísticos do concello para crear unha bolsa municipal de vivenda que en réxime de aluguer fará posible o acceso á vivenda para mozos e mozas, campañas de concienciación sobre os riscos das drogas, alcol... Alí onde nos concentremos a mocidade e alén diso débese incentivar a recollida do lixo alí xerado con medidas innovadoras como as de cambiar bolsas de plástico (repartidas anteriormente) por, por exemplo, preservativos.