Á BEIRA DO CAMIÑO | O |
24 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.RECLAMO silencio en homenaxe a Idoia, a primeira muller soldado vítima mortal nunha misión de paz. Falamos demasiado. ¡Palabras, palabras, palabras! Nos sentimentos, nos afectos, no amor... a palabra enreda; mesmo molesta; aumenta a dor e tórnase cínica se vén enleada en intereses políticos. Non estamos afeitos a acompañar aos esmagados pola dor. A xente da aldea faino mellor, quizais por vivir en soidades e ausencias a causa da emigración. Pido respecto e comprensión, compaña agarimosa e silenciosa. O que pediu a súa nai, Consuelo (¡que paradoxo!), e os seus veciños ao se atoparen coa barafunda dos medios e dos políticos. Xunto coa oración, preguntas. Os feitos non suceden «por casualidade»; hai causas. A emigración foi a que rareou aldeas e axudou á fuxida, na procura dunha vida mellor. Tamén Idoia foi vítima das circunstancias. Se non houbera guerras (Iraq, Afganistán...) tampouco habería misións de paz. ¿Por que, dos 76.401 militares das Forzas Armadas (terra/mar/aire), 13.424 (o 17,59 por cento) son mulleres? ¿Por que esas medras? Non hai efectos sen causas.