Crónica | Un volume recolle a tradición na Terra Chá A tradición de cacharreiros e ceramistas chairegos vén de???tempos remotos. Luciano García fai pervivir o seu traballo nun libro editado pola Deputación e Ir Indo
24 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.O profesor e etnógrafo González Reboredo, prologuista do libro Olería na Terra Chá , deixou claro que calquera estudoso europeo da cerámica e da olería ten como referencia ao investigador Luciano García Alén, autor dun libro promovido pola Deputación e editado por Ir Indo. Co mimo dun primerizo, como sinalou o editor Bieito Ledo, Luciano García deixou impreso un volume do mesmo xeito que se fora a memoria viva duns oficios e dunhas técnicas que van máis alá do tempo do romanos. Esta tradición secular dos oleiros chairegos, especialmente nas parroquias de Silvarrei e de Bonxe, desenvolveuse sempre á par das necesidades dos campesiños, como sinalou o autor do traballo presentado onte pola Deputación. García Alén lembrou que os oleiros de Terra Chá acudían coas súas vaixelas ás feiras de Sarria, Ordes, Mesía e Melide, ademais de servir aos veciños da capital da provincia. Pola súa parte, os cacharreiros eran coñecidos polo nome da casa da que procedían, como recordou Alén. Cambios A chegada da revolución industrial, o uso do plástico e as traídas da auga, principalmente, foron a fin dos oleiros e dos cacharreiros, que tiveron na emigración unha válvula para fuxir duns tempos que xa mudaron. Estamos nos años posteriores á posguerra. Luciano García lembrou os versos de Manuel María de 1954, onde xa dicía que «En Silvarrei non hai cacho nin cacharreiro / pois ninguén traballo o barro». Na presentación de onte na Deputación, o autor do libro contou coa presencia dos oleiros que todavía traballan en Bonxe as arxilas privilexidas que hai nas concas sedimentarias da comarca, ademais de amigos, alumnos da escola de Artes Aplicadas e de artistas da cerámica, como Caxigueiro. O impulsor da edición deste volume foi o Centro de Artesanía e Deseño, que dirixe Francisca López. Tanto o autor como editor agradeceron o traballo feito desde o centro lucense. O presidente da Deputación, Francisco Cacharro, sinalou que o organismo provincial está tentando recuperar outras manifestacións da olería lucense.