Santa Eulalia de Bóveda

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

NO OUTEIRO | O |

01 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

HAI lugares onde nin de lonxe se achegan á riqueza arqueolóxica que posuímos nós. Quizais por iso o que teñen aprovéitano ao máximo para convertelo nun valor. Nosoutros, en cambio, temos tanto onde escoller que non sempre estivo axeitadamente tratado. Santa Eulalia de Bóveda podería ser ben un deses exemplos. Así mesmo o fixo ver Adolfo de Abel Vilela, quen presente xunto a outros recoñecidos expertos na presentación do libro de Montenegro Rúa, O descubrimento e actuacións arqueolóxicas en Santa Eulalia de Bóveda , manifestou que as distintas administracións podían e deberían facer máis por incluír este lugar nos vieiros turísticos para facer máis atraente á capital lucense. Malia todo, non é ese o problema máis salientable deste Ben de Interese cultural. Como tamén se trata no antedito libro, as actuacións realizadas nel, se ben deben ser consideradas no tempo en que foron feitas e valoradas no que aportaron de luz, non sempre aquelas foron realizadas con atino. O autor, amais de cuestionar a presenza aínda alí dun toldo, logo dos longos anos de traballo, falou tamén da falla de coordinación científica. Déaselle un novo pulo axiña.