Xohán Cabana, Rodríguez Fer e Ramón Pernas, participarán nun debate

La Voz LA VOZ | LUGO

LUGO

22 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

? Fundación Carlos Casares continúa a súa programación en Ferrol cunha mesa redonda sobre A terceira Bretaña. Ferrol, unha encrucillada na historia . Celebrarase o vindeiro luns, ás oito da tarde, no centro cultural Torrente Ballester. Os ponentes son os escritores lugueses Ramón Pernas, Claudio Rodríguez Fer e Darío Xohán Cabana, e o xornalista ferrolán Ramón Loureiro. A este último «débeselle a a idea da recuperación mitolóxica da terceira Bretaña», segundo a Fundación Carlos Casares, que considera que os participantes traballaron sobre a zona da Galicia do norte que ten nas terras de Mondoñedo o seu «centro neurálxico e en Ferrol a porta de entrada». A actividade está vencellada aos actos conmemorativos do inmanamento entre as cidades de Ferrol e Mondoñedo que se están a levar a cabo nestas últimas semanas.