Van tirando ata o final

| XAVIER LOMBARDERO |

LUGO

DESDE EL ADARVE

13 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

NA VELLEZ hai de todo. Xente que vive a corpo de rei, persoas maiores que van trampeando entre as obrigas familiares, os bailes e as partidas do centro social e incluso aproveitan as viaxes do Imserso en Benidorm; e tamén hai pobres vellos que non teñen onde caerse vivos e enfermos, ás veces saqueados e abandonados polas familias, outras como peregrinos que van rebotando a súa soidade polas pensións. Os que van aturando os achaques na casa propia, no parroquia ou barrio de sempre, son os afortunados, aínda que necesiten certa asistencia doméstica. As novas destes días deixan claro que é preciso unha maior protección para a vellez. Sen cercenar a liberdade individual, hai que garantir o que non rematemos tirados por aí. Nunha provincia tan envellecida, hai que crear prazas en residencias, accesibles ó nivel de pensións de Lugo. Menos merendolas públicas e máis servicios básicos.