TRIBUNA | O |
29 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.ANDAN tolos os da investigación espacial europea buscando a última sonda-robot enviada a Marte. A Beagle 2 debía aterrar no planeta roxo precisamente o día de Nadal. E se todo fora un éxito a mesma, despois de andar a facer trompos, debía emitir un código de nove notas musicais. Pero non o fixo. Non é a primeira nin será a derradeira sonda que se perda -tamén manda narices- no ultimísimo momento. Xustamente cando debía darnos toda a información que xustifica esa inversión. Unha magoa, dende logo. Coa ilusión que nos faría saber se hai, houbo ou poderá haber algún día vida nese planeta. Que lembren, dista de nós a só seis meses viaxando á mesma velocidade cás sondas espaciais. Anque de momento haberá que conformarse con que a sonda nodriza Mars Expres sabe esperar tamén, que as próximas que manden non se perdan. Postos a facer conxecturas e ser outro pouquiño mal pensados, a ver si algunha se perde demais e acaba nada menos que en África -Cristóbal Colón buscaba as Indias e descubriu América-. Miren que se a estas alturas, tanto norteamericanos coma europeos, descubriran que aí hai vida¿