Entrevista | Adela Figueroa A mostra, que estará la galería Sargadelos, recollerá boletíns, fotografías e videos das actividades desenvolvidas polo grupo local
13 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.O luns, a Plataforma Nunca Máis inaugura unha exposición na galería Sargadelos sobre o traballo desenvolvido en Lugo. Serán fotografías, videos e os documentos que baixo a denominación de Crónica do chapapote , foron publicando tódalas semanas coas actividades nas que participaron, segundo sinala Adela Figueroa, unha das coordenadoras. -¿Con que finalidade organizan esta exposición? -Para dar a coñecer o traballo desenvolvido durante o pasado inverno, e preparar tamén o próximo período, xa que o problema segue aí. A exposición complementarase con un coloquio no que participarán Xurxo Souto, Bernardino Pardo Teixeiro e unha representante das mariscadoras da confraría de Vilaxoán. -¿Os resultados electorais na Costa da Morte non cambiaron nada o traballo de Nunca Máis? -Tendo en conta o que destinaron a lugares como Muxía, o éxito non foi tan grande, se repasamos os votos de cada grupo. Ó día seguinte das eleccións xa mandaron á xente ó mar. Pero, sobre todo, a Costa da Morte non é só dos que viven alí, é de todos. A xente recibiu subsidios, pero se non nos moveramos todos, dubido que se tivesen pagado. -¿A exposición axuda tamén a clarexar as actuacións da plataforma? -En primeiro lugar, anque se poida axudar con donativos, a finalidade de Nunca Mais son as actuacións para impedir que se repita unha catástrofe como a do Prestige . Pero, por outra parte, as administracións non nos deron nada, polo que tampouco lles temos que dar a elas contas. Os nosos colaboradores saben en qué actuacións se gasta o diñeiro. O que nos preguntamos é onde se meteron os cartos da Fundación Arao, que sí nos costa diñeiro a todos.