Despromoción turística

| X. CARREIRA |

LUGO

DESDE O ADARVE

07 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

GRANDES CARTEIS, pagados con fondos públicos, anuncian por toda España as belezas de Galicia nunha campaña de promoción turística despois do desastre do Prestige . Sorprende ver un gran anuncio cunha praia súper limpa. Os ordenadores quitan anos, enrugas, chapapote. Fan milagres. Esa é a campaña de promoción. Logo hai outra, a que non se pode argallar nas axencias de publicidade, a do directo, a da despromoción turística. Dous exemplos son a igrexa de San Facundo de Ribas do Miño, en Paradela, e a catedral de Lugo. A primeira, declarada monumento nacional, está totalmente chea de herbas no adro. A impresión que se leva o visitante é dende logo nefasta. Na catedral de Lugo, na seu lateral norte tamén medran as herbas e as silvas que pola noite contrastan coa espléndida iluminación e a limpeza de que foi obxecto o monumento nalgunha das súas partes.