XOSÉ FERREIRO FERNÁNDEZ FORO PÚBLICO
06 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.Faltaba moito pero os primeiros pasos estaban dados. O poder establecido, as multinacionais e o gran capital adaptáronse rápidamente á nova situación. A través dos medios de comunicación de masas impuxeron os cambios sociais que lles interesaba, camiñando hacia un modo de vida basado na competitividade e no egoísmo social. Estes cambios tamén chegaron ás centrais sindicais españolas. Ventos de modernidade e renovación mal entendida levaron aos vellos sindicalistas a un segundo plano xunto coas súas vellas demandas sociais. O importante pasaba a ser lograr taxas de poder, conseguir unha central sindical grande e económicamente potente. Para acadar estes obxectivos nos se reparou no que se perdía polo camiño. Dado o déficit de afiliación sindical destes país, había que conseguir financiación por outros medios. As subvencións, os cursos de formación e as eleccións sindicais pasaban a ser o prioritario, necesitándose para iso o consentimento de goberno e patronal. A trampa estaba tendida a foi cuestión de pouco tempo que caeran nela. As consecuencias axiña foron visibles. Estas centrais comenzaron a avalar coas súas sinaturas reformas laborais onde se precarizaba de xeito sistemático o emprego, reformas nas pensións con recortes en niveis obtidos anos antes, degradacións e privatizacións de servicios públicos, etc. Sifnificaba non só a renuncia a seguir avanzando, senón tamén perder aquelo que xa se tiña. O último capítulo desta dramática serie foi o acordo asinado en Madrid o pasado mes de decembro por CC. OO., UGT e patronal sobre a necogiación colectiva para o ano 2002. Nel, dun carpetazo, eliminanlle aos traballadores galegos a posibilidade de chegar a subidas salariais superiores ao Índice de Prezos ó Consumo previsto do 2%, límite que afecta a todos os convenios que se renoven este ano. En Galiza sempre se situou fronta a todo isto o sindicalismo nacionalista, formando un sindicalismo alternativo auténtico. Temos que pagar por iso un alto prezo, pois representamos o inimigo a bater para os correspondentes gobernos, para as distintas patronais e para as centrais sindicais estatais. Temos que sufrir todo tipo de descalificacións e atrancos para facer o noso traballo, pero mantémonos firmes nas nosas conviccións. Seguimos crendo que a sociedade na que vivimos non é perfecta, que hai que seguir transformándoa e nosn estamos dispostos a deixar que sexa esta a que nos transforme a nós. Xosé Ferreiro Fernández é portavoz comarcal da Confederación Intersindical Galega en Lugo.