«Nos versos recopilo anacos dunha vida»

La Voz

LUGO

JOSÉ MIGUEL LÓPEZ A ENTREVISTA Rafael Yáñez Jato, escritor vilalbés de 22 anos que ven de editar o seu segundo poemario Aínda que o de poeta lle pareza un tanto pretencioso, o vilalbés Rafael Yáñez Jato, de 22 anos, xa exerce como tal. As boas maneiras que amosaba no primeiro poemario, «Onte chovía», confirmáronse no segundo, «Lembranzas e olvidos dun estraño». A evolución que seguen é a mesma, tendo en conta que a estructura do último é máis clásica e que os poemas son máis sinxelos e directos. Ambos teñen a forma impresionista de ver as cousas, a superposición de cores e fiestras que se abren, ou que unha leva a outra.

23 jun 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Atopou na poesía a forma de representar as imaxes. A súa marcha a Madrid para estudiar Comunicación Audiovisual e os habituais contactos con prestixiosos escritores foron os revulsivos que lle levaron a crer nas súas posibilidades. -¿As súas influencias? -A poesía que pretendo facer está delimitada polas imaxes, as cores e as sensacións, por riba das cuestións literarias. -¿Que logra expresar? -Un pouco de todo. Lembranzas e olvidos dun estraño recopila anacos dunha vida. Plantexeino coma unha viaxe, unha ruta ociosa, na que hai distintos caladeiros. As lembranzas son inesquecibles. -O cambio de residencia, ¿produce contrastes? -Claro. Cando chegas a unha cidade grande, o olor, a luz, o sol e todo o demais é diferente. E tamén porque teño moita influencia da imaxe. O que vemos non son cadros, pero si anaquiños da vida. Vemos unha man e dela sabemos extraer o corpo enteiro. Outra cousa é que me gusta ver os poemas coma unha unidade. -¿Como é a relación cos escritores de Madrid? -Son unha axuda incondicional. Intervin no festival de «Entre Lusco e Fusco» para resaltar que a xente siga a escribir e haxa concursos como o das Letras Galegas. -¿Próximos proxectos? -Rescato cousas que son partes de cada un dos libros que escribín, como o misterio de Ruphrakán de Saulzdraka, que irá saíndo máis adiante. Hai certo misterio en esas cuestións. Ademáis penso que ó mellor ten a novidade de sacar unha prosa poética.