Nesta casa de Chantada viviu... un doutor en farmacia e estudoso das augas e da cicuta
CHANTADA
Manuel Losada Castro licenciouse en farmacia en Santiago e fundou en Chantada unha sociedade farmacéutica
24 nov 2025 . Actualizado a las 11:14 h.Ao fondo do Cantón pola esquerda érguese a casa da botica onde investigou o doutor en farmacia Manuel Losada Castro.
Nado no ano 1861, colaborador destacado do semanario El Centinela, no que publicou un rico estudo sobre a natureza das augas das principais fontes da vila e da contorna, foi tamén fundador dunha sociedade farmacéutica en xuntanza con outros profesionais da comarca.
Manuel Losada Castro licenciouse en farmacia no ano 1891 pola Universidade de Santiago e en 1904 obtivo o grao de doutor en farmacia.
No laboratorio que montou en Chantada producía callo líquido e en po, ergotina, estrato de fento macho, urotropina sinónima e máis compostos. Na súa bibliografía atopamos Estudios químicos de la cicuta, publicado no 1904; Cuajo para quesos. Estudio y preparación, de 1923; e La Fitina, de 1941.