Os lugares pechados son problemáticos en tempos de epidemia, así que organizar exposición mentres dure todo isto é complicado. No centro sociocultura de Bóveda ocurríuselles unha alternativa: a exposición que se ve desde a rúa. Desde esta fin de semana teñen expostas dúas coleccións de traballos escolares relacionadas coa conmemoración do Día das Letras. Nos dous casos, os cartaces que forman as exposicións están colocados nas fiestras do centro sociocultural de maneira que se poden ver desde fóra, sen necesidade de entrar.
Unha desas dúas exposicións é “Recordando a Carvalho Calero”, unha iniciativa dos estudantes de Primaria do colexio San Luis Romero, de Carballo. A segunda colección que se pode ver desde esta fin de semana nas fiestras do centro sociocultural de Bóveda titúlase “Unha vida polo galego” e os seus autores son alumnos do instituto ferrolán Ferrol Vello. As dúas repasan a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras. O centro sociocultural para esta exposición dobre a denominación “Carvalho nas fiestras”. Os portavoces municipais explican que o obxectivo desta proposta é “a xente poida achegarse a pé ou en coche e poida deste xeito ter acceso ás mostras cando o desexe”.