A igrexa de Ronfiz baixo os castiñeiros

roi fernández / f. albo

LEMOS

ROI FERNÁNDEZ

O nome tradicional da localidade onde se encontra templo románico de Santo Estevo de Ribas de Miño está case esquecido na actualidade

27 oct 2017 . Actualizado a las 17:50 h.

A estas alturas do outono, a densa masa de castiñeiros que rodea a igrexa románica de Santo Estevo de Ribas de Miño aínda conserva o seu verdor, que contrasta coas paisaxes desoladas que deixaron os últimos incendios no sur lucense e en moitas outras partes de Galicia. O lugar onde se encontra o templo é moi coñecido -e tamén un dos máis fotografados de toda a Ribeira Sacra-, pero non o é tanto a historia do seu nome tradicional: Ronfiz. Esta denominación está a desaparecer e xa só é utilizada por xente maior de Chantada, que lle seguen chamando igrexa de Ronfiz cando se refiren a a este edificio monumental. Por outra parte, o pequeno núcleo xa case non ten veciños na actualidade, a excepción dos propietarios holandeses dunha casa de turismo rural. A localidade foi esmorecendo ao mesmo tempo que o seu nome, pois Ronfiz non existe oficialmente no inventario de topónimos da Xunta.