«Queremos ensinar dende o máis básico»

María Casanova MONFORTE

LEMOS

ROI FERNÁNDEZ

Entrevista | Miguel Ángel Rodríguez

21 ago 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

?iguel Ángel Rodríguez é o coordenador pedagóxico dun seminario de música moderna que a productora A Tempo organiza estes días en Monforte xunto cun festival de novas músicas que comezou onte na praza de España coa actuación da banda galega Mr. Dixie Jazz Band. -Primeiro fálenos da productora, ¿cómo naceu? -A empresa naceu hai nove anos coa idea de crear unha escola de música moderna e outras actividades sempre relacionadas coa formación musical. Cada vez ían sendo máis os profesores da escola que eran músicos profesionais e por iso nos plantexamos a posibilidade de producir música. Agora estamos a traballar con grupos fundamentalmente galegos que fan música clásica, pop e jazz. ¿A quen vai dirixido o seminario que organizan en Monforte e cal é o seu obxectivo? -En Galicia hai varios seminarios e escolas de música moderna pero todos parten dun nivel moi avanzado. Este curso conta con catro niveis que parten dende o máis básico, polo que teñen oportunidade de participar, tanto a xente que aínda é aficionada como e os profesionais que se queren especializar nas novas míusicas. O obxectivo é principalmente conseguir que ó remate do seminario, a todo o mundo lle queden gañas de seguir medrando e que se matriculen en seminarios máis avanzados. -¿Sería capaz de recomendar ós lectores algunha das actuacións do festival? -É moi díficil pero direi que o venres, esperamos que veña xente de fóra de Galicia a ver o concerto de Perico Sambeat Trío porque non é nada fácil conseguir ver aos tres nunha mesma actuación. -¿Cales foron os criterios que seguiron para seleccionar as bandas? -Hai moitos festivales que reúnen formacións americanas e o que nos pretendemos é amosar a escena actual do jazz e das novas músicas dende unha perspectiva europea que por suposto inclúe importantes formacións galegas.