05 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.
Xosé Manuel Silva fai gala do seu fino sentido do humor á menor ocasión. Pero cando toca falar do problema da contaminación que producen os puríns o seu xesto é severo. «O dos puríns é un tema que ten que abordar de maneira moi seria o Goberno galego para darlle unha solución. É algo que lle pide non só o gandeiro, senón toda a sociedade. Nós defendemos a multifuncionalidade, a diversificación da actividade no medio rural, e non se pode visitar unha casa de turismo rural que ten puríns ó lado». O director xeral de Agricultura da Unión Europea considera que na cuestión medioambiental as autoridades políticas deben actuar con decisión. «En Bruxelas damos o vademécum da farmacia, pero é o médico de aquí o que sabe que se debe facer».