Catro documentos para reflexionar

Jesús Garrido | cursosrepeducador.es

LA VOZ DE LA ESCUELA

ALBERTO LÓPEZ

29 oct 2014 . Actualizado a las 11:42 h.

Eliximos 4 documentos, cuxo contido serve para reflexionar neste día importante dedicado ao ensino. Sobre todo, porque se trata dos primeiros comentarios que, a nivel europeo, xurdiron despois das últimas probas PISA e indican os pasos a seguir para alcanzar unha decisión conxunta ante novas avaliacións e resultados dos nosos alumnos.

1. DÍA MUNDIAL DOS DOCENTES

Celebrouse en Europa o pasado 5 de outubro, con motivo do 20.º aniversario do Día Mundial dos Docentes, e a proposta da Unesco de lograr 1,4 millóns de novos docentes no mundo e 3,4 millóns para o 2030. O Día do Ensino celébrase este ano en Galicia o 31 de outubro. http://goo.gl/uMC9GF

2. CUESTIONARIO DO PROFESORADO

Preguntas sobre o desenvolvemento profesional: iniciación profesional, actividade de titoría, desenvolvemento profesional, observacións sobre a súa actividade docente, prácticas, clima escolar, satisfacción no traballo, actitudes persoais. http://goo.gl/sPzr3u

3. TALIS: ESTUDO INTERNACIONAL SOBRE O ENSINO E A APRENDIZAXE

- Profesores: perfil demográfico, nivel educativo, formación específica, preparación de clases, experiencia laboral.

- Centros: características principais, recursos, clima escolar, autonomía.

- Directores: perfil demográfico, traballo e actividades, formación, satisfacción.

http://goo.gl/kUQ7yR

4. OS RESULTADOS PISA

Recollemos a continuación unhas cantas frases de expertos da Unión Europea que analizan os resultados do informe PISA.

- «A cuarta parte dos docentes españois afirman non ter recibido nunca nin por ningún axente ningún tipo de observación, comentario ou xuízo avaliativo sobre a súa tarefa».

- «O programa MET, patrocinado pola Fundación Bill e Melinda Gates, sinala que os docentes deberían ser polo menos avaliados sobre tres fontes de evidencias: observacións na aula, mellora no rendemento dos estudantes e valoracións dos propios estudantes».

- «As actividades de formación teñen polo xeral unha duración curta e cun papel pasivo dos asistentes (escoitar a un experto ou conferenciante), sen proporse realizar actividades de estudo ou investigación conxunta con outros profesores».

- «Propoñen como solución un modelo de desenvolvemento profesional reflexivo baseado en aprendizaxe conxunta e investigación con outros profesores, métodos activos de aprendizaxe, participación con compañeiros do propio centro ou materia e maior duración dos períodos formativos».

- «Moitos profesores consideran unha intromisión nos seus dereitos que se asista ás súas clases e se avalíe o seu xeito de impartilas. Sería boa idea revisar o dereito á liberdade de cátedra nos niveis do ensino».

- «A responsable do Talis 2013 recoñece que non saben o que fan os profesores na aula. Non saio do meu asombro. é coma se os autores dun estudo sobre técnicas cirúrxicas non tivesen entrado nunca nun quirófano e a súa única fonte de información fose o que din os médicos no corredor».

- Kristen Weatherby engade: «Un dos aspectos máis difíciles de analizar cunha enquisa como Talis é entender o que os profesores están realmente facendo na aula. Por iso, a OCDE prevé iniciar un estudo con vídeos das prácticas docentes para acompañar a enquisa Talis».

- «A través deste estudo, recolleranse vídeos con observacións sobre o ensino na aula e analizaranse xunto con entrevistas a profesores e estudantes, datos de avaliación dos alumnos e outros elementos (tales como a programación de aula, os traballos de clase) que imos recoller das aulas participantes. Con todo verase a relación entre diferentes metodoloxías de ensino e o rendemento dos estudantes».

- «A valoración máis baixa dos profesores corresponde á colaboración profesional, en actividades conxuntas con distintas clases e diferentes grupos de idade, a colaboración conxunta de profesores para impartir clases en equipo na mesma aula e a observación de clases doutros profesores».

- «En España non existe tradición na colaboración do profesorado para valorar a outros compañeiros por observación directa, práctica común utilizada noutros países, como Finlandia, e recomendada por expertos para a mellora do desempeño docente, entre os que destaca o informe McKinsey 2009».