A onda das intelixencias múltiples

Jesús Garrido

LA VOZ DE LA ESCUELA

ÁNGEL MANSO

12 feb 2014 . Actualizado a las 13:20 h.

Outro modo de traballar coas noticias nun sistema interdisciplinar é buscar esquemas que nos proporcionen a posibilidade de ver e estudar as noticias desde diversos puntos de vista que se complementan entre si. Tal é o caso ben coñecido das intelixencias múltiples de Howard Gardner, que eliximos neste caso. Recollemos unha serie de noticias que poden encaixar, máis ou menos, na liña marcada para cada unha das Intelixencias. Son, xa que logo, sete formas de achegarse á gran onda, sen mollarse demasiado.

1. INTELIXENCIA LINGÜÍSTICO-VERBAL

Sobreviventes

(La Voz, 9/1/2014) «Vin como se formaba unha onda fóra do normal, a 20 metros do cantil, coma se fose un tsunami... e pillounos a todos», conta un mozo de 25 anos que se atopaba «a pouco máis dun metro» das tres persoas ás que o mar arrastrou o luns na punta Frouxeira, en Meirás (Valdoviño). El e os seus amigos considéranse «sobreviventes» da traxedia do día de Reis. Pouco antes das seis e media, cando estaban a piques de marcharse, decidiron achegarse un pouco máis ao cantil. Pero se decataron «de que a onda viña e que aquilo non era normal». E botaron a correr, aínda que non todos conseguiron escapar.

- ACTIVIDADES: ¿Lemos o texto enteiro da noticia, sobre todo este final incompleto?

2. INTELIXENCIA LÓXICO-MATEMÁTICA

Récord de altura

(La Voz, 9/1/2014) «A boia de Estaca de Bares rexistrou ás 21 horas do sábado 12,77 metros de altura, un récord en anos. Onte de noite estaba previsto que entrase unha nova borrasca, que mantén as alertas no mar por ondas de máis de cinco metros e por ventos fortes, de máis de 80 quilómetros por hora.

(La Voz, 3/2/2014) O pasado día de Reis a boia de cabo Silleiro, en Pontevedra, rexistrou un máximo histórico de 11,5 metros. Ata agora o récord era de 11,1 metros, segundo os datos rexistrados nos últimos quince anos.

- ACTIVIDADES: Record histórico: http://www.prensaescuela.es/web/noticiadia/noticiadeldia.php (9, xaneiro, 2014).

3. INTELIXENCIA ESPACIAL

Dispositivo de procura

(La Voz, 3/2/2014) Salvamento Marítimo recibiu a alerta ás 18.20 horas e pouco despois se iniciou a procura, na que participou o helicóptero Pesca 2, que, sobre as 21 horas, foi relevado polo Helimer 202, a Salvamar Alioth, no mar, e en terra, membros da Garda Civil, Policía Local, Bombeiros e Protección Civil. Tamén se desprazou ata o lugar unha ambulancia. Esta mañá renovouse o dispositivo de procura do adolescente desaparecido. Están a traballar na zona dúas embarcacións, a Salvamar Alioth e unha lancha de Protección Civil, así como o persoal de terra, ás que se sumará o helicóptero Pesca 2 cando mellore a visibilidade.

- ACTIVIDADES: Vídeos de Galicia, de temporal en temporal.

4. INTELIXENCIA MUSICAL

O ruído das ondas

(La Voz, 1/12/2012) Estiven a pensar fronte ao océano no ruído do Pacífico. Todas as novelas se constrúen moi lentamente, a base de reunir datos, apuntar ideas, algunhas serven, outras non... Nomear unha cousa, apuntar, pensar cales son as ideas fundamentais do libro e ao final esas ideas fundamentais conectan á hora de escribir. Si, bo, o que eu entón era saíu falando do ruído do Pacífico, estaba convencido de que o Pacífico tiña un son distinto, do que tamén fala Neruda nun poema onde di que o Pacífico ten un xordo ruído a fragor de batalla antiga. E é certo que ten esta potencia o ruído das ondas. A ver se o Atlántico, que temos aquí á beira e tamén ten un ruído especial, lle inspira un novo libro. (Luis Pousa)

- ACTIVIDADES: Suxestión: «Sonata para piano n.º 17, opus 31 n.º 2: Tempest». Ludwig van Beethoven. Dirección web abreviada: http://goo.gl/cA4Smq

5. INTELIXENCIA CINESTÉSICA

Axitou os brazos para pedir axuda

(La Voz, 2/2/2014) Un amplo dispositivo continuaba onte á noite buscando ao adolescente de Foz ao que o mar arrastrou no paseo de Laredo, que bordea a praia da Rapadoira. Segundo diversas fontes consultadas, A. R., de 15 anos, circulaba en bicicleta cando unha onda saltou o espigón e arrastrouno. Ía acompañado por outro amigo, tamén adolescente e veciño da localidade mariñá, que logrou salvarse. Algunhas testemuñas din que este mozo se suxeitou a un dos farois e, cando se levantou, axitou os brazos para pedir axuda ás persoas.

- ACTIVIDADES: ¿Lemos a noticia: «Aparece a bicicleta do mozo que se salvou onte en Foz»? (La Voz, 3/2/2004)

6. INTELIXENCIA INTERPERSOAL

«Gritei por se había laguen»

(La Voz, 3/2/2014) O despregamento de medios en pleno espigón, entre os dous faros, espertou a curiosidade de numerosos veciños que levaban toda a madrugada e boa parte do día pendentes do temporal. Advertiu que unha muller continuaba cerca do cantil: «Había xente con rabuños, mollada... Á moza, que tiña as pernas rabuñadas, pregunteille se faltaba alguén. «Si, o meu pai...», respondeu». E outras dúas persoas, o seu tío e a súa prima. Mirei ao bordo do cantil, gritei por se había alguén ferido ou agarrado ás rocas, non contestou ninguén e volvinme».

- ACTIVIDADES: ¿Que é a Intelixencia interpersoal? ¿Onde se nota que existe de verdade?

7. INTELIXENCIA INTRAPERSOAL

«Estamos conmocionados»

(La Voz, 9/1/20124) Formouse a onda perfecta, vímola, botamos a correr e aínda así pillounos. Os mozos que lograron zafarse abandonaron o lugar nada máis comprobar que «a moza do fondo se levantara» e alguén a estaba axudando. «Vaia susto... fómonos porque estabamos empapados e facía moito frío». «Regresei ao faro onte pola mañá [o martes]», estamos conmocionados, falando, recordando o momento... pómonos a tremer».

- ACTIVIDADES: ¿Cal é o sentimento que nos domina con motivo do temporal e mortes de persoas. ¿Escribimos algo en clase?